Comprensión lectora (duración: entre 60 e 70 minutos):
Lectura de entre 2 e 4 textos (documentos auténticos), dun máximo de 1000 palabras cada un, dun total de 1.300 e 2.100 palabras entre todos. Os textos poderán ser descritivos, dialogados, explicativos, expositivos, narrativos, argumentativos etc.
Tipos de resposta requiridos nas tarefas do exame:
-
Opción múltipla.
-
Verdadeiro / falso / xustificar.
-
Emparellamento.
-
Ordenar.
-
Encher ocos.
-
Transferir información.
-
Inserir nos lugares adecuados oracións, titulares de parágrafo ou parágrafos.
-
Respostas breves a preguntas abertas.
-
Síntese.