O Centro de Linguas ofrece regularmente alemán, francés, inglés, italiano, portugués e español para estranxeiros.
Os cursos de linguas estraxeiras poden ser cuadrimestrais ou intensivos (verán), e a súa duración establécese en función da súa dificultade e nivel do idioma.
Cursos preparatorios de estratexias para a superación das probas Acles.
Cinco tipos de cursos:
1) Os cursos de linguas estranxeiras poden ser cuadrimestrais ou intensivos no verán e a súa duración establécese en función da súa dificultade e do nivel do idioma.
2) Os cursos de español para alumnado de mobilidade internacional de 30 horas son en setembro e en febreiro.
3) Cursos preparatorios para a superación das probas Acles.
4) Cursos de inglés académico: escrita e presentacións orais.
5) Cursos temáticos para o verán: ActivEnglish, Cociña en inglés/francés/alemán etc.
No caso de que non dispoñas de acreditación previa, polo que descoñeces o teu nivel, recomendamos realizar unha proba de autoevaluación DIALANG: https://dialangweb.lancaster.ac.uk/
Non, persoas alleas á universidade poden estudar tamén no CL.
Non, o alumnado, o PAS e PDI da Universidade da Coruña teñen unha redución.
A idade mínima é de 16 anos e non hai idade máxima.
Na plataforma http://www.centrodelinguas.gal/ encontrarás información sobre todos os cursos con inscrición aberta, poderás subir a documentación necesaria e pagar con tarxeta.
- Diploma de asistencia: para obtelo é necesario asistir polo menos ao 85% do curso (faise control de asistencia nas aulas). Nos certificados figura o número de horas do curso e as datas en que se realizou.
- Diploma de aproveitamento (con dereito a créditos): é preciso unha asistencia a, no mínimo, un 85% das horas lectivas e a superación do correspondente exame. Nos certificados figura o nome do curso, o nivel, o número de horas, as datas en que se realizou, onúmero de créditos ECTS e a nota obtida.
- Diploma de aproveitamento (sen dereito a créditos): é preciso a superación do correspondente exame. Nos certificados figura o nome do curso, o nivel, o número de horas, as datas en que se realizou e a nota obtida.
Prazos de expedición: os diplomas entréganse no prazo mínimo dun mes tras a finalización do exame.
Si se pode, sempre que teñas o nivel adecuado para acceder ao cuadrimestre que queres cursar.
Ao final de cada cuadrimestre. Normalmente realízase o último día de clase.
Si.
Como membro acreditado de Acles e Cercles, o diploma de acreditación de nivel expedido ten recoñecemento na contorna universitaria española e europea. Contan, ademais, co aval da CRUE como modelo de acreditación de idiomas.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia publicou no DOG de data 7 de xullo de 2016, a Orde pola cal se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas estranxeiros.
Esta orde amplía o recoñecemento ás certificacións co selo de CertAcles expedidos polas Universidades da Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior (ACLES), para os efectos de acreditar a competencia en idiomas do profesorado.
Si, o Centro de Linguas da UDC estableceu varios mecanismos para acreditar o nivel de inglés:
- Acreditacións dos Centros de Linguas CertAcles (Certcles) para os niveis B1 e B2.
- Acreditacións externas das cales somos examinadores oficiais: IELTS (British Council), APTIS (British Council).
Podes necesiar a acreditación para solicitar diversas bolsas ou, coa nova normativa, para poder acceder, por exemplo, ao novo "Mestrado de Formación do Profesorado para o Ensino Secundario e Bacherelato" e outros mestrados.