Acreditacións lingüísticas para a mobilidade e titulacións bilingües

 

Se tes pensado facer unha estadía de mobilidade internacional no curso 2023/24 ou cursar unha titulación bilngüe, ten presentes os requisitos linguísticos e prepárate!!!

 

Requisitos lingüísticos do programa Erasmus+ ou bilateral:

 

  1.  Satisfacer o nivel esixido pola institución de destino

  2.  Cumprir coas esixencias mínimas da UDC que son as seguintes para o curso 2023/24:

 

            a) Para optar ás universidades onde os programas se imparten en inglés, necesitarás acreditar o nivel B1

            b) Para optar ás universidades onde os programas se imparten en francés, alemán, italiano ou portugués necesitarás o nivel A2

            c) Para optar ás universidades onde se imparten en calquera lingua distinta das indicadas nos puntos anteriores, necesitarás acreditar un nivel B1 de inglés

  

Como acreditar o nivel esixido.

 

  •  Para inglés coas certificacións oficiais que se realizan no Centro de Linguas. 

    Certificado de ter superado o exame IELTS.

    Certificado de ter superado o exame en liña Aptis. 

 

  • Para todas as linguas:

 

a) Cos certificados das diferentes institucións recoñecidos nas  táboas de equivalencias ACLES para inglés según as táboas de equivalencias da Crue

b) Cos diplomas do Centro de Linguas correspondentes aos cursos de final do nivel esixido ou de nivel completo

c) Coas probas de dominio (agás inglés), en decembro. Presentación por libre.