Bolsas para o curso “El componente léxico y el diseño de materiales ELE” (Instituto Cervantes - P1058 -19)
COMPARTIR:
“El componente léxico y el diseño de materiales ELE (Instituto Cervantes - P1058-19)
Só para estudantes de programas da UDC ou interuniversitarios con participación da UDC
Ofrécense 5 bolsas de 165 € (o 65% do importe)
Quen pode solicitar:
-
Os estudantes dos graos ou licenciaturas relacionadas co ensino de linguas que estean matriculados da totalidade das asignaturas ou créditos que lles resten para rematar os estudos.
-
Os matriculados nalgún programa de mestrado da UDC relacionado co ensino de linguas (nos interuniversitarios poderán tamén ser solicitantes os matriculados nas outras universidades participantes).
-
Os matriculados nalgún programa de doutoramento da UDC relacionado co ensino de linguas (nos interuniversitarios poderán tamén ser solicitantes os matriculados nas outras universidades participantes).
-
Os que estean acreditados como estudantes de terceiro ciclo realizando a tese de doutoramento nalgún departamento da UDC relacionado co ensino das linguas.
Documentación requerida:
-
Documento de solicitude da bolsa debidamente cumprimentado.
-
Xustificante que acredite a pertenza a algún dos grupos indicados no apartado anterior.
-
Expediente académico (será válida a documentación obtida no punto de información)
Prazo de solicitude: Do 6 ao 26 de febreiro (até as 14:00 horas)
Lugar de entrega: No Negociado do Centro de Linguas (Facultade de Filoloxía, andar baixo, Campus da Zapateira, 15071, A Coruña)
Relación de admitidos e excluídos:
-
A relación provisional publícarase o 27 de febreiro no taboleiro do Centro de Linguas e na web. Contra esta relación poderá presentarse reclamación até as 14:00 horas do 10 de marzo, ante a Directora do Centro de Linguas. A reclamación debe entregarse no Negociado do Centro de Linguas.
- A relación definitiva de admitidos e excluídos publícarase o 15 de marzo, no taboleiro do Centro de Linguas e na web.
Comisión de selección:
A Comisión de Selección estará constituída pola Directora do Centro de Linguas ou persoa en quen delegue, e a Secretaria do Centro de Linguas.
Criterio de concesión:
Valoración do expediente académico da titulación de grao. A puntuación mínima necesaria é de 6,5, tendo en conta a nota media calculada segundo a Resolución do 15 de setembro de 2011 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 30 de setembro). Para os expedientes estranxeiros aplicarase a declaración de nota media do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Resolución e publicación da lista de beneficiarios
A lista definitiva de beneficiarios farase pública o día 18 de marzo no taboleiro do Centro de Linguas e na web. Contra esta resolución poderán presentarse os recursos administrativos previstos na Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Prodecemento Administrativo Común.
Aceptación das bolsas:
Os beneficiaros deberán asinar o documento de aceptación da bolsa e realizar o ingreso dos 100 € até o día 2 de abril. De non facelo entenderase como renuncia á bolsa que será asignada ao seguinte en puntuación.
Renuncias:
Ademais das renuncias implícitas no punto anterior, no caso de renuncia expresa á bolsa producida antes do 9 de abril, tamén correrá a lista, asignándolle a bolsa á seguinte en puntuación. As renuncias posteriores ao 9 de abril non terán este efecto, quedando as prazas liberadas a disposición do público en xeral.
Devolución do importe:
-
Renuncia anterior ao 9 de abril: devolución total do importe aboado (100 €)
-
Renuncia do 9 ao 17 de abril: devolución do importe aboado, excepto 12 € en cocepto de gastos de xestión (88 €)
-
Renuncia do 18 ao 10 de maio : devolución do 50% aboado (50 €)
-
As renuncias posteriores ao 10 de maio non darán lugar a devolución.
Aceptación das bases: A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas as bases expostas na presente normativa.