|
Datas: do 1 ao 5 de xullo.
Lugar: aula 2.12 da Facultade de Filoloxía, Campus da Zapateira s/n.
Horario: de 9:00 a 14:30 horas (incluida media hora de descanso)
Importe: 265 €. (inclúe o material do curso e a expedición do certificado)
Destinatarios:
-
Estudantes do último ano de grao que desexen especializarse no ensino do español como lingua estranxeira.
-
Titulados universitarios en Filoloxía que desexen especializarse no ensino do español como lingua estranxeira.
-
Profesores de español como lingua segunda e estranxeira de nivel inicial.
-
Profesores doutras linguas estranxeiras.
-
Formadores de profesores de linguas estranxeiras.
Acreditación: entregárase un certifcado de asistencia expedido conxuntamente polo Instituto Cervantes e a UDC. A asistencia será obrigatoria, e as faltas non poderán superar as catro horas en total, con independencia da causa que as motive. En ningún caso se substituirá a asistencia por outras tarefas como traballos ou lecturas.
Programa de cursos do Instituto Cervantes en colaboración con outras institucións.