Organización dos cursos

 

 

O tamaño do grupo é un aspecto esencial dun bo ensino de linguas: nin demasiado grande nin demasiado pequeno. Cunha metodoloxía enfocada cara ao desenvolvemento de destrezas comunicativas, os grupos dos cursos teñen un máximo de 18 estudantes.

 

O Centro de Linguas resérvase o dereito de cancelar os cursos que non alcancen o número suficiente de inscricións, mais faremos o posible por mantelos abertos, sempre que resulte compatible co requisito de autofinanciamento que rexe o funcionamento do Centro. O número promedio de estudantes por grupo está por debaixo de dez.