NIVEIS MCER - C2

 C2 - Usuario Competente -

COMPRENDER 

 

 COMPRENSIÓN 

AUDITIVA

 

 

  • Non teño ningunha dificultade para comprender calquera tipo de lingua falada, tanto en conversacións ao vivo como en discursos retransmitidos, aínda que se produzan a unha velocidade de falante nativo, sempre que teña tempo para me familiarizar co acento.

 

 

COMPRENSIÓN

LECTORA

 

 

  • Son capaz de ler con facilidade practicamente todas as formas de lingua escrita, incluíndo textos
    abstractos estrutural ou lingüisticamente complexos, como por exemplo manuais, artigos especializados e obras literarias.

  

     FALAR

INTERACCIÓN

ORAL

 

  • Tomo parte sen esforzo en calquera conversación ou debate e coñezo ben modismos, frases feitas e expresións coloquiais. Exprésome con fluencia e transmito matices sutís de sentido con precisión. Se teño un problema, sorteo a dificultade con tanta discreción que os demais case non se decatan.

 

 EXPRESIÓN

ORAL

 

 

  • Presento descricións ou argumentos de forma clara e fluída e cun estilo que é adecuado ao contexto e cunha estrutura lóxica e eficaz que axuda o ouvinte a reparar nas ideas importantes e a lembralas.

 

  ESCRIBIR ESCRIBIR

 

  • Son capaz de escribir textos claros e fluídos nun estilo apropiado. Podo escribir cartas, informes ou artigos complexos que presentan argumentos cunha estrutura lóxica e eficaz que axuda o ouvinte a reparar nas ideas importantes e a lembralas. Escribo resumos e recensións de obras profesionais ou literarias.