Preguntas frecuentes

O Centro de Linguas ofrece regularmente alemán, francés, inglés, italiano, portugués e español para estranxeiros.

Os cursos de linguas estraxeiras poden ser cuadrimestrais ou intensivos (verán), e a súa duración establécese en función da súa dificultade e nivel do idioma. 

Cursos preparatorios de estratexias para a superación das probas Acles.

 

 Cinco tipos de cursos:

 

1) Os cursos de linguas estranxeiras poden ser cuadrimestrais ou intensivos no verán e a súa duración establécese en función da súa dificultade e do nivel do idioma. 

 

2) Os cursos de español para alumnado de mobilidade internacional de 30 horas son en setembro e en febreiro. 

 

3) Cursos de inglés académico: escrita e presentacións orais.

 

 

 

 

No caso de que non dispoñas de acreditación previa, polo que descoñeces o teu nivel, recomendamos realizar unha proba de autoevaluación DIALANG: https://dialangweb.lancaster.ac.uk/

 

Non, persoas alleas á universidade poden estudar tamén no CL.

Non, o alumnado, o PAS e PDI da Universidade da Coruña teñen unha redución.

A idade mínima é de 16 anos e non hai idade máxima.

Na plataforma http://www.centrodelinguas.gal/  encontrarás información sobre todos os cursos con inscrición aberta, poderás subir a documentación necesaria e pagar con tarxeta.

 

  • Diploma de asistencia e aproveitamento (para cursos de nivel): cando o/a estudante asistiu, como mínimo, a un 85 % das horas lectivas e superou a proba final. 

   Este diploma podeerá ser recoñecido con créditos por actividades de aprendizaxe lingüística, conforme á normativa vixente.

   Nos certificados figura o nome do curso, o nivel, o número de horas, datas en que se realizou e a nota obtida.

 

  • Diploma de asistencia (para calquera clase de cursos): cando o/a estudante asistiu, como mínimo, a un 85% das horas lectivas.

  Nos certificados figura o número de horas do curso e as datas en que se realizou.

 

  • Diploma de aproveitamento (para a primeira parte dun curso de nivel) / de dominio (para a última parte dun curso de nivel ou nivel completa): cando o/a estudante non ten a asistencia requirida mais superou a proba final.

  Nos certificados figura o nome do curso, o nivel, o número de horas, as datas en que se realizou e a nota obtida.

 

Si se pode, sempre que teñas o nivel adecuado para acceder ao cuadrimestre que queres cursar.

Ao final de cada cuadrimestre. Normalmente realízase o último día de clase.

Si.

Si, o Centro de Linguas da UDC estableceu varios mecanismos para acreditar o nivel de inglés:

  • Acreditacións externas das cales somos examinadores oficiais: IELTS (British Council), APTIS (British Council).

 

Podes necesiar a acreditación para solicitar diversas bolsas ou, coa nova normativa, para poder acceder, por exemplo, ao novo "Mestrado de Formación do Profesorado para o Ensino Secundario e Bacherelato" e outros mestrados.