Programas de mobilidade internacional co fin de estudos - Requisitos lingüísticos na UDC

 

Se tes pensado facer unha estadía de mobilidade internacional no curso 2018/19, ten presentes os requisitos linguísticos e preparate!!!

 

Requisitos lingüísticos do programa Erasmus+ ou bilateral:

 

  1.  Satisfacer o nivel esixido pola institución de destino.

  2.  Cumprir coas esixencias mínimas da UDC que son as seguintes para curso 2018/19:

 

            a) Para optar ás universidades onde os programas se imparten en inglés e/ou francés, necesitarás acreditar o nivel B1

            b) Para optar ás universidades onde os programas se imparten en alemán, italiano ou portugués necesitarás o nivel A2

            c) Para optar ás universidades onde se imparten en calquera lingua distinta das indicadas nos puntos anteriores, necesitarás acreditar un nivel B1 de inglés

 

 Como acreditar o nivel esixido.

  

  • Coas certificacións oficiais de inglés que se realizan no Centro de Linguas.

 

                a) Certificado de ter superado o exame ACLES correspondente ao nivel B1 ou B2 de inglés e B1 de Francés (Próximo exame: 1 de decembro)

                b) Certificado de ter superado o exame en liña Aptis. (Próximo exame: 9 de xaneiro)

                c) Certificado de ter superado o exame IELTS. (Próximo exame: 20 de xaneiro

 

  •  Coas probas de dominio que se realizan despois dun curso de final de nivel (último día de curso no mes de decembro, so para aqueles cursos de final de nivel ou cursos de nivel completo). Presentación por libre.

 

  •  Coas probas específicas no Centro de Linguas para alumnos Erasmus nas datas indicadas noa convocatoria para o curso 2018/19. (Serán válidas as probas específicas superadas nos dous anos previos)

 

 

  •  Os estudantes estranxeiros residentes en España e con NIE vixente, nativos nas linguas especifícadas nos puntos a) e b), necesitarán acreditar a nacionalidade estranxeira e os estudos previos realizados na lingua do seu pais de   orixe.

 

Cando acreditar

 

No momento da solicitude da praza de mobilidade.