Dialang

 

O Centro de Linguas recomenda que se utilice DIALANG, un test de diagnóstico de nivel en catorce linguas, adaptado aos niveis do Marco Común Europeo para o Ensino e Aprendizaxe das Linguas (coa mesma estrutura dos cursos que ofertamos no Centro de Linguas). 

O DIALANG foi respaldado pola Comunidade Europea, cun grao de fiabilidade moi elevado, utilizado nos centros de linguas das universidades europeas.

 

DIALANG avalía cinco destrezas lingüísticas:

 

1. Comprensión oral
2. Expresión escrita
3. Comprensión escrita
4. Estruturas
5. Vocabulario

 

Cada unha destas cinco partes descomponse en varios exercicios: "proba de nivel", "autoavaliación" e "proba de lingua".

 

Ten en conta:

  • Instalar segindo instrucións que figuran na Universidade de Lancaster.
  • Software gratuíto, baixo Windows 95 e superiores.
  • O programa execútase nunha contorna JAVA, en algún dos servidores que compoñen a rede DIALANG.
  • Non existe de momento unha versión para os usuarios de Mac.
  • Aínda que se trata dun software probado satisfactoriamente en equipos con configuracións moi diferentes, o Centro de Linguas non se responsabiliza do correcto funcionamento deste no seu equipo.

 

Durante a proba:

  • Duración aproximada: dúas horas e media.
  • Pode descansar ao final de cada parte, mais non se recomenda parar no medio.

  • É aconsellable o uso de auriculares.

  • Ao finalizar cada proba, capture a pantalla de resultados e gárdea como un arquivo. Necesitará estes resultados para tomar unha boa decisión.

 

Agora hai unha nova versión web de DIALANG.

Actualmente está en probas, polo que pode haber algúns erros e pode estar non dispoñible de cando en vez.
A versión en liña non require descarga nin instalación; todo o que precisa é un navegador web (recomendamos Chrome).

 

Como interpretar os resultados de Dialang?

DIALANG analiza os resultados e indícalle claramente en que nivel está situado vostede para cada unha das destrezas (A1, B1, A2, B2, C1, C2).

É moi posible que as súas destrezas non teñan o mesmo nivel de desenvolvemento.

Raramente estarán todas ao mesmo nivel. Trate de buscar o punto medio entre os diferentes niveis.

Se ten algunha dúbida sobre como interpretar os seus resultados, envíenos unha mensaxe ao centro de linguas indicando no asunto "DIALANG" e achegando as pantallas cos resultados.

 

Como capturar pantallas?

  1. Premer simultaneamente as teclas "Alt" + "Impr Pant". Con esta sinxela operación o contido da pantalla pasa a estar no seu portapapeis.
  2. Abra o procesador de textos co cal traballe habitualmente (Word, Word Perfect, Open Office etc.).
  3. Prema simultaneamente as teclas Ctrl +V. Agora xa ten o contido da pantalla como un documento no seu procesador de textos.
  4. Garde ese documento nun arquivo cun nome que lle resulte fácil de interpretar (por exemplo, "Resultados de DIALANG".
  5. Feito isto coa primeira pantalla (os resultados da primeira proba), cando capture as seguintes, abra o arquivo gardado e engada as novas pantallas a medida que as vaia capturando. Así terá todos os resultados no mesmo arquivo.

 

Que fago se o programa non funciona no meu ordenador?

DIALANG está instalado nos ordenadores da Aula Net da Facultade de Filoloxía, e na Aula Net do Edificio de Apoio ao Estudio de Ferrol.
Para a realización da parte de comprensión oral, debe pedirlle ao responsable da Aula que lle dea uns auriculares.