
Español para preparación do DELE B2
06/09/2022 Novidades
Curso en modalidade presencial para obter o Diploma de español DELE B2, título oficial acreditativo do grao de competencia e dominio do idioma español que outorga o Instituto Cervantes, dirixido a persoas que aspiren a superar o exame e obter a certificación DELE B2.
Neste curso o alumnado familiarizarase coa estrutura das probas (comprensión de lectura, comprensión auditiva, expresión e interacción escritas e expresión e interacción orais) que compoñen o exame, para o que se lle proporcionarán técnicas e estratexias para superar cada unha das partes da proba.
Durante o curso realizaranse actividades de práctica que permitirán revisar e afondar nos contidos gramaticais, léxicos e funcionais do nivel B2, acompañadas doutras tarefas contextualizadas e recursos para levalas a cabo, e dotarase aos estudantes das habilidades e estratexias necesarias para superar as catro probas. Así mesmo, proporcionaranse consellos útiles para o exame, indicacións para a realización das tarefas das probas e modelos de probas de exames que reproducen fielmente os exames oficiais.
O curso impartirase do 26 de setembro ao 14 de decembro
Duración: 30 horas / 20 sesións
Horario: luns e mércores 19.00-20.30 horas