
Español para preparación do DELE A2
26/01/2021 Novidades
Curso en modalidade non presencial (en liña) para obter o Diploma de español DELE A2, título oficial acreditativo do grao de competencia e dominio do idioma español que outorga o Instituto Cervantes, dirixido a persoas que aspiren a superar o exame e obter a certificación DELE A2 para a obtención da nacionalidade española por residencia.
Neste curso o alumnado familiarizarase coa estrutura das probas (comprensión de lectura, comprensión auditiva, expresión e interacción escritas e expresión e interacción orais) que compoñen o exame, para o que se lle proporcionarán técnicas e estratexias para superar cada unha das partes da proba.
Durante o curso realizaranse actividades de práctica que permitirán revisar e afondar nos contidos gramaticais, léxicos e funcionais do nivel A2, acompañadas doutras tarefas contextualizadas e recursos para levalas a cabo, e dotarase aos estudantes das habilidades e estratexias necesarias para superar as catro probas. Así mesmo, proporcionaranse consellos útiles para o exame, indicacións para a realización das tarefas das probas e modelos de probas de exames que reproducen fielmente os exames oficiais.
O curso impartirase do 8 de marzo ao 5 de xullo
Duración: 30 horas / 15 sesións
Horario: luns 19.00-21.00 horas