Actualidade

Español para estranxeiros - 2º cuadrimestre

Español para estranxeiros - 2º cuadrimestre

28/10/2020 Novidades

Este curso de español como lingua estranxeira está deseñado para estudantes que desexan comezar a estudar ou aprender español durante a súa estadía no noso país.

Séguense enfoques basicamente comunicativos xunto co uso da última tecnoloxía audiovisual. O número media de estudantes por grupo é de 15. Este curso de español de 30 horas é gratuíto para estudantes Erasmus e estudantes de intercambio na UDC.

Acéptase alumnado a partir de 16 anos.

      

♦ Inscrición e matrícula: do 26 de novembro ao 1 de febreiro

♦ Proba de nivel: 8 de febreiro en liña, recibirá a ligazón da proba no seu enderezo electrónico.

♦ Clases: do 17 de febreiro ao 6 de maio

♦ Os horarios dos cursos poderían modificarse en función do número e nivel dos rexistrados.

Pique no nivel para acceder o formulario de matrícula

Campus de Coruña Campus de Ferrol

Nivel A1:  Luns e xoves de 09:30 a 11:00 h.

Nivel A2:  Luns e xoves de 11:00 a 12:30 h.

Nivel B1Luns e xoves de 12:30 a 14:00 h.

Nivel B2Luns e xoves de 12:30 a 14:00 h.  

♦ Aula:  2 (CUR. Campus Riazor)

 

Grupo multinivel os luns e mércores de 18:00 a 19:30 h.

Nivel A1    Nivel A2    Nivel B1     Nivel B2

♦ Aula:   -1.4 no Edificio de Apoio ao Estudo (Campus Esteiro)

 
+ INFORMACIÓN

COMPARTIR: