Actualidade

Español para estranxeiros - 1º cuadrimestre 2021-22

Español para estranxeiros - 1º cuadrimestre 2021-22

01/06/2021 Novidades

Este curso de español como lingua estranxeira está deseñado para estudantes que desexan comezar a estudar ou aprender español durante a súa estadía no noso país.

Séguense enfoques basicamente comunicativos xunto co uso da última tecnoloxía audiovisual. O número media de estudantes por grupo é de 15.

O curso de español de 30 horas é gratuíto para estudantes Erasmus e de intercambio na UDC.

Acéptase alumnado a partir de 16 anos. 

♦ Inscrición e matrícula: do 15 de xuño ao 8 de setembro

♦ Proba de nivel: 13 de setembro en liña, recibirá a ligazón da proba no seu enderezo electrónico.

♦ Clases: do 20 de setembro ao 30 de novembro.

♦ Os horarios dos cursos poderían modificarse en función do número e nivel dos rexistrados.

Pique no nivel para acceder o formulario de matrícula

 

Campus de Coruña Campus de Ferrol

 

  •  Nivel A1  Luns e xoves de 16:00 a 17:30 h. 

  •  Nivel A2  Luns e xoves de 16:00 a 17:30 h. 

  •  Nivel B1  Luns e mércores de 17:30 a 19:00 h.

  •  Nivel B2  Luns e mércores de 17:30 a 19:00 h. 

 
+ INFORMACIÓN

COMPARTIR: