
Español como lingua estranxeira - 2º cuadrimestre 2021-22
11/10/2021 Novidades
Este curso de español como lingua estranxeira está deseñado para estudantes que desexan comezar a estudar ou aprender español durante a súa estadía no noso país.
Séguense enfoques basicamente comunicativos xunto co uso da última tecnoloxía audiovisual. O número media de estudantes por grupo é de 15.
O curso de español de 30 horas é gratuíto para estudantes Erasmus e de intercambio na UDC.
Acéptase alumnado a partir de 16 anos.
REANUDAMOS AS CLASES A PARTIR DO 7 DE MARZO !!
♦ Inscrición e matrícula: 2 de novembro a 13 de xaneiro ♦ Proba de nivel: 17 de xaneiro en liña, recibirá a ligazón da proba no seu enderezo electrónico. ♦ Clases: - Grupo de luns e mércores: do 31 de xaneiro ao 20 de abril - Grupo de martes e xoves: do 1 de febreiro ao 19 de abril ♦ Os horarios dos cursos poderían modificarse en función do número e nivel dos rexistrados. Pique no nivel para acceder o formulario de matrícula
|
|
Campus de Coruña | Campus de Ferrol |
|
Lugar: aula -1.1, no Edificio de Apoio ao Estudo. Campus de Esteiro
|