Actualidade

CURSOS DE LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA

CURSOS DE LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA

10/07/2019 Novidades

Cursos de iniciación á lingua e á cultura da comunidade xorda. Ademais de ofrecer algúns coñecementos básicos da LSE, incidirase no contexto social e cultural das persoas xordas. Durante o curso traballaranse as tres destrezas principais da lingua: a expresión, a interacción e a comprensión signadas. O curso é moi práctico polo que cómpre a participación activa do alumno.

 

Inscrición do 26 de agosto ao 9 de setembro   /   Matrícula do 10 ao 18 de setembro 

Este curso de LSE de 60 horas impartidas en 24 sesións supón un primeiro achegamento á lingua e á cultura da comunidade xorda. Dará acceso ao nivel A1.2 que se impartirá no segundo cuadrimestre e co que se certificará un nivel A1 de LSE.

Clases: do 23 de setembro ao 16 de decembro.

Horario: os luns e mércores de 18:30 a 21:00 horas. 

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación, aula 0.2 

Este curso de LSE de 30 horas impartidas en 15 sesións diríxese aos que xa tiveron un primeiro achegamento á lingua e á cultura da comunidade xorda, pero necesitan reforzar os coñecementos básicos. Este curso dará acceso ao nivel A1.2 que se impartirá no segundo cuadrimestre e co que se certificará un nivel A1 de LSE.

Clases: do 25 de setembro ao 18 de novembro.

Horario: os luns e mercores de 18:30 a 20:30 horas. 

Lugar: Facultade de Ciencias da Educación, aula 0,6

 

 

COMPARTIR: