CURSOS DE LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA
10/07/2019 Novidades
Cursos de iniciación á lingua e á cultura da comunidade xorda. Ademais de ofrecer algúns coñecementos básicos da LSE, incidirase no contexto social e cultural das persoas xordas. Durante o curso traballaranse as tres destrezas principais da lingua: a expresión, a interacción e a comprensión signadas. O curso é moi práctico polo que cómpre a participación activa do alumno.
Inscrición do 26 de agosto ao 9 de setembro / Matrícula do 10 ao 18 de setembro
- Nivel A1.1: INSCRICIÓN / MATRÍCULA
Este curso de LSE de 60 horas impartidas en 24 sesións supón un primeiro achegamento á lingua e á cultura da comunidade xorda. Dará acceso ao nivel A1.2 que se impartirá no segundo cuadrimestre e co que se certificará un nivel A1 de LSE.
Clases: do 23 de setembro ao 16 de decembro.
Horario: os luns e mércores de 18:30 a 21:00 horas.
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación, aula 0.2
- Nivel A1.1.1: INSCRICIÓN / MATRÍCULA
Este curso de LSE de 30 horas impartidas en 15 sesións diríxese aos que xa tiveron un primeiro achegamento á lingua e á cultura da comunidade xorda, pero necesitan reforzar os coñecementos básicos. Este curso dará acceso ao nivel A1.2 que se impartirá no segundo cuadrimestre e co que se certificará un nivel A1 de LSE.
Clases: do 25 de setembro ao 18 de novembro.
Horario: os luns e mercores de 18:30 a 20:30 horas.
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación, aula 0,6