Actualidade

Probas de dominio decembro 2023

Probas de dominio decembro 2023

13/10/2023 Novidades

 

Probas de nivel nas que se avaliarán a comprensión lectora e auditiva, a produción oral e escrita e a gramática e léxico de acordo coas competencias correspondentes ao Marco Europeo.

 Inscrición e matrícula do 15 de outubro ao 9 de decembro
 
Para formalizar a inscrición e a matrícula debes picar no idioma
 
Procedemento:
 
- Cubra o formulario de inscrición. Ao finalizar recibirá un email cos seus datos.
- Comprobe que os seus datos son correctos. Se hai algún erro póñase en contacto co Centro para corrixilo.
- Se está todo correcto, pode realizar a matrícula. 
 

Campus de Coruña

As probas realizaranse na Facultade de Filoloxía - Campus da Zapateira

 
Alemán A2
  • Parte oral e escrita: xoves, 14 de decembro de 16:00 horas. Aula Conversa 1 (Área de despachos - andar baixo)
  • Revisión de exame: luns, 18 de decembro ás 15:00 horas. Aula Conversa 1 (Área de despachos - andar baixo)

Programa de alemán A2

Italiano A2 
  • Parte oral e escrita: luns, 18 de decembro 18:00 horas. Aula. 1.10 (1º andar)
  • Revisión de exame: mércores, 20 de decembro de 12:00 a 13:00 horas, nas dependencias do Centro de Linguas. 

Portugués A2
  • Parte escrita: luns18 de decembro de 12:00 a 14:00 horas. Aula  Conversa 1 (Área de despachos - andar baixo)
  • Parte oral: luns, 18 de decembro, ás 10:00 horas. Aula Conversa 1 (Área de despachos - andar baixo)
  • Revisión de exame: mércores, 20 de decembro ás 15:00 h a través da plataforma Teams, solicitando cita previa a centrodelinguas@udc.es
 
 

Campus de Ferrol

As probas realizaranse no Edificio de Apoio ao Estudo - Campus de Esteiro 

 
Francés A2
  • Parte oral e escrita: xoves, 14 de decembro de 16:30 a 19:00 horas. Aula 0.4  (andar baixo)
  • Revisión de exame: martes, 19 de decembro ás 13:00 horas

                                                                                                                               Programa de francés A2

 

COMPARTIR: