Bolsas para o curso “El componente léxico y el diseño de materiales ELE” (Instituto Cervantes - P1058 -19)

 

“El componente léxico y el diseño de materiales ELE (Instituto Cervantes - P1058-19)

 

Só para estudantes de programas da UDC ou interuniversitarios con participación da UDC

 

Ofrécense 5 bolsas de 165 € (o 65% do importe)

 

Quen pode solicitar:

 

  1. Os estudantes dos graos ou licenciaturas relacionadas co ensino de linguas que estean matriculados da totalidade das asignaturas ou créditos que lles resten para rematar os estudos.

  2. Os matriculados nalgún programa de mestrado da UDC relacionado co ensino de linguas (nos interuniversitarios poderán tamén ser solicitantes os matriculados nas outras universidades participantes).

  3. Os matriculados nalgún programa de doutoramento da UDC relacionado co ensino de linguas (nos interuniversitarios poderán tamén ser solicitantes os matriculados nas outras universidades participantes).

  4. Os que estean acreditados como estudantes de terceiro ciclo realizando a tese de doutoramento nalgún departamento da UDC relacionado co ensino das linguas.

 

Documentación requerida:

 

  • Documento de solicitude da bolsa debidamente cumprimentado.

  • Xustificante que acredite a pertenza a algún dos grupos indicados no apartado anterior.

  • Expediente académico (será válida a documentación obtida no punto de información)

 

Prazo de solicitude:  Do 6 ao 26 de febreiro (até as 14:00 horas)

 

Lugar de entrega: No Negociado do Centro de Linguas (Facultade de Filoloxía, andar baixo, Campus da Zapateira, 15071, A Coruña)

 

Relación de admitidos e excluídos:

 

  • A relación provisional publícarase o 27 de febreiro no taboleiro do Centro de Linguas e na web. Contra esta relación poderá presentarse reclamación até as 14:00 horas do 10 de marzo, ante a Directora do Centro de Linguas. A reclamación debe entregarse no Negociado do Centro de Linguas.

  • A relación definitiva de admitidos e excluídos publícarase o 15 de marzo, no taboleiro do Centro de Linguas e na web.

     

Comisión de selección:

 

A Comisión de Selección estará constituída pola Directora do Centro de Linguas ou persoa en quen delegue, e a Secretaria do Centro de Linguas.

 

Criterio de concesión:

 

Valoración do expediente académico da titulación de grao. A puntuación mínima necesaria é de 6,5, tendo en conta a nota media calculada segundo a Resolución do 15 de setembro de 2011 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 30 de setembro). Para os expedientes estranxeiros aplicarase a declaración de nota media do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

 

Resolución e publicación da lista de beneficiarios

 

A lista definitiva de beneficiarios farase pública o día 18 de marzo no taboleiro do Centro de Linguas e na web. Contra esta resolución poderán presentarse os recursos administrativos previstos na Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Prodecemento Administrativo Común.

 

Aceptación das bolsas:

 

Os beneficiaros deberán asinar o documento de aceptación da bolsa  e realizar o ingreso dos 100 € até o día 2 de abril. De non facelo entenderase como renuncia á bolsa que será asignada ao seguinte en puntuación.

 

Renuncias:

 

Ademais das renuncias implícitas no punto anterior, no caso de renuncia expresa á bolsa producida antes do 9 de abril, tamén correrá a lista, asignándolle a bolsa á seguinte en puntuación. As renuncias posteriores ao 9 de abril non terán este efecto, quedando as prazas liberadas a disposición do público en xeral.

 

Devolución do importe:

 

  • Renuncia anterior ao 9 de abrildevolución total do importe aboado (100 €)

  • Renuncia do 9 ao 17 de abril: devolución do importe aboado, excepto 12 € en cocepto de gastos de xestión (88 €)

  • Renuncia do 18 ao 10 de maio : devolución do 50% aboado (50 €)

  • As renuncias posteriores ao 10 de maio non darán lugar a devolución.

 

Aceptación das bases: A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas as bases expostas na presente normativa.