Profesores

 

 
Neus Sans Boulenas
 

     

     Agregada de E/LLE da Escola Oficial de Idiomas de Barcelona, e dedícase á elaboración de material didáctico e á formación de profesorado.

Coautora dos manuais: A qué no sabes...?, Para empezar, Esto funciona, Intercambio, Rápido, Gente Hoy, Gente nueva e Bitácora e coordinadora de Aula. Publicou numerosos materiais complementarios (vídeos, lecturas, etc.). 

Codirixe os Encuentros Prácticos de profesores de ELE, IH Barcelona-Difusión.

Impartiu clases en posgraos e mestrados de distintas universidades e deu clases de ELE a inmigrantes nunha ONG de Xirona.        

 
Pablo Garrido Ventín
 

     

     Coordinador do departamento de español da editorial Difusión.

Cursou o Mestrado de Formación de Profesores de Español como Lingua Estranxeira na Universitat de Barcelona e foi profesor de español para estranxeiros durante varios anos.

Vinculado a Difusión dende hai máis de 15 anos, dirixiu, entre outros, os proxectos Aula, Aula internacional, Bitácora, nos que tamén participou como autor. Ademais, imparte clases no Mestrado Propio en Formación e actualización de profesores de español como lingua estranxeira da Universitat de València.