Convocatoria de bolsas para mellorar as competencias lingüísticas do estudantado da UDC

 

A UDC a través da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación convoca 140 bolsas para asistencia a cursos do Centro de Linguas.

 

 

Finanzamento

 

A Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación subvencionará o 100% do importe da matrícula. As persoas beneficiarias deberán matricularse nos cursos do primeiro cuadrimestre nos prazos establecidos e aboar as taxas corresondentes.

 

Os cursos terán unha duración de 60 horas e desenvolveranse nas datas:

  •  Do 18 de setembro ao 13 de decembro de 2017: os luns e mércores, 2,5 horas cada sesión
  •  Do 19 de setembro ao 19 de decembro de 2017: os martes e xoves, 2,5 horas cada sesión

 

Os beneficiarios recibirán a axuda sempre e cando xustifiquen o aproveitamento do curso mediante a presentación do certificado emitido polo Centro de Linguas que indicará a cualificación obtida. O prazo de presentación será dun mes dende o remate do curso e farase por correo electrónico ao enderezo iro@udc.es

 

 

Cursos subvencionados:

 

  • Inglés, final do nivel B1
  • Inglés, final do nivel B2
  • Alemán, final do nivel A2
  • Francés, final do nivel B1
  • Italiano, nivel A2
  • Portugues, nivel A2

 

 

Requisitos dos solicitantes

 

Poderán solicitar a axuda o estudantado da UDC que se atope nalgunha das seguintes situacións:

  • Que teña intención de realizar unha mobilidade internacional no curso 2018/2019.
  • Alumnado de dobres titulacións internacionais
  • Alumnado de graos bilingües.

 

 

Solicitudes e lugar de presentación

 

Até o 6 de setembro:          Convocatoria      Ampliación do prazo

Para máis información:

Oficina de Relacións Internacionais/Vicerreitoría de Relacións Internacionais

Tel. 981 167 000 (ext. 1956)

iro@udc.es