Instituto Cervantes

Cursos de formacion de profesorado

 

Até a data, o Centro de Linguas, en colaboración co Centro de Formación do Instituto Cervantes, organizou distintos cursos de ensino de linguas, dirixidos a persoas que desexaban iniciar a súa formación como profesores de español como lingua estranxeira.

 

Os cursos, de 25 horas, consistían nunha primeira introdución teórico-práctica aos fundamentos do ensino de linguas estranxeiras. O seu obxectivo era analizar as variables externas especialmente as vinculadas ao contexto pedagóxico e a súa contribución á aprendizaxe de linguas; analizar as variables internas ou variables individuais e ou seu papel determinante no proceso de adquisición; e incorporar os coñecementos teóricos adquiridos no deseño de tarefas pedagóxicas.

 

Os asistentes recibían documentos prácticos para o coñecemento das principais técnicas de traballo na aula, para a planificación das aulas e para a análise da propia actuación docente e dos materiais didácticos.

 

Programa de cursos do Instituto Cervantes en colaboración con outras institucións