IELTS (International English Language Testing System) é un exame especificamente deseñado para avaliar o teu verdadeiro nivel de inglés.
Nel avalíanse as competencias seguintes: Comprensión lectora, expresión escrita, expresión oral e comprensión auditiva
Se estás pensando en vivir, traballar ou estudar nun país de fala inglesa, IELTS é para ti, pois empresas, universidades e axencias de inmigración de todo o mundo aceptarán os resultados do IELTS para comprobar o teu nivel de inglés: máis de 8.000 institucións educativas, departamentos gobernamentais e organizacións profesionais, incluíndo máis de 3.000 nos EE. UU.