Especificacións do nivel B2

  

Denominación do exame: Exame CertAcles da Universidade da Coruña, nivel B2.

 

Idiomas examinados: inglés.

 

Tipo de exame: institucional.

 

Obxetivo: acreditar a posesión do nivel B2 (do Marco Común Europeo de Referencia) en inglés.

 

Exame dirixido a:

 

  • Membros da comunidade universitaria, sen requisitos previos.
  • Público xeral (+18 anos), sen requisitos previos.

 

Validez: válido para acreditar o nivel B2, na Universidade da Coruña e no resto das universidades españolas durante o período de tempo que cada unha decida (xeralmente non menos de catro anos). Válido tamén nas universidades estranxeiras que sexan membros de CERCLES. 

 

Destrezas:

 

 

Contidos:

 

 

Ponderación das destrezas:

 

Cada unha das destrezas achega un 25% á nota final (dividido en partes iguais entre o número de tarefas, salvo que no exame se indique outra cousa).

 

Que nota é necesaria?

 

Deben reunirse as dúas condicións seguintes:

 

  • Obter unha puntuación promedio de 6 puntos sobre 10.
  • Obter non menos de 5 puntos sobre 10 en cada unha das destrezas.

 

Duración total do exame: ao redor de tres horas.

 

Comprensión lectora (duración: entre 60 e 70 minutos):

 

Lectura de entre 2 e 4 textos (documentos auténticos), de entre 500 e 1000 palabras cada un, e un total de entre 1.500 e 2.300 palabras entre todos. Os textos poderán ser descritivos, dialogados, explicativos, expositivos, narrativos, argumentativos etcétera.

 

Tipos de resposta requiridos nas tarefas do exame:

 

  • Opción múltipla.

  • Verdadeiro / falso / xustificar.

  • Emparellamento.

  • Ordenar.

  • Encher ocos.

  • Transferir información.

  • Inserir nos lugares adecuados oracións, titulares de parágrafo ou parágrafos.

  • Respostas breves a preguntas abertas.

  • Síntese.