Contidos en comprensión auditiva
Avaliarase a capacidade dos candidatos para comprender os puntos principais de documentos sonoros ou audiovisuais claros e en lingua estándar, cuxo contido non demande coñecementos especializados diferentes dos que sexan exixibles aos candidatos.
Algúns exemplos de actividades de comprensión auditiva:
-
Comprender presentacións sinxelas.
-
Comprender información técnica sinxela, como instrucións de manexo de aparellos de uso frecuente.
-
Comprender as ideas prinicpais dun informativo radiofónico ou audiovisual.
-
Distinguir as ideas principais das complementarias.
-
Captar o estado de ánimo e a actitude do emisor.
-
Deducir polo contexto o significado de palabras descoñecidas.