Contidos en expresión e interacción escritas
Avaliarase a capacidade para escribir textos sinxelos e cohesionados sobre unha serie de temas cotiáns:
Algúns exemplos de actividades ilustrativas de expresión escrita:
-
Escribir descricións sinxelas e detalladas sobre unha serie de temas cotiáns.
-
Escribir informes breves sobre feitos habituais e sobre os motivos de certas accións.
-
Escribir relatos de experiencias, describindo sentimentos e reaccións, en textos sinxelos e estruturados.
-
Resumir e ofrecer opinións sobre feitos concretos relativos a asuntos habituais, en textos sinxelos e cohesionados.
-
Escribir ou responder a cartas persoais ou correos electrónicos, describindo experiencias, impresións, pedindo informacións ou facendo algún tipo de solicitude.