Especif. B1 - Contidos en comprensión lectora

Contidos en comprensión lectora

 Avaliarase a capacidade dos candidatos para comprender textos sinxelos, tanto sobre temas concretos como abstractos.

 

Algúns descritores de actividades ilustrativas do nivel B1 son:

 

  • Ler a unha velocidade acorde co nivel B1.

  • Recoñecer a liña argumental dun texto.

  • Identificar as conclusións principais en textos argumentativos.

  • Comprender instrucións de uso escritas con claridade.

  • Deducir o significado e o uso de unidades léxicas pouco frecuentes.

  • Distinguir as ideas principais das secundarias e dos detalles.