Expresión e interacción orais (duración: entre 7 e 10 minutos):
Comprenderá dúas ou tres tarefas de diferente tipo (monologadas e dialogadas).
Parte monologada:
-
Breve exposición sobre un tema proposto polo/a avaliador/a.
-
Descrición dunha imaxe ou comparación entre varias imaxes.
-
Resumo dun texto provisto con anterioridade, dun filme visto ou lectura realizada.
-
Breve narración dunha vivencia.
Parte dialogada:
-
Entrevista persoal.
-
Xogo de roles sobre temas cotiáns.
-
Resumir un texto e responder a preguntas do compañeiro/a.
-
Interacción cos examinadores a partir dun texto ou dunha imaxe.
-
Interacción cos examinadores sobre algunha acción proposta por eles.