Especif. B1 - Comprensión Auditiva

Comprensión auditiva (duración: entre 30 e 40 minutos):

 

Audición ou visionado de 2 a 4 documentos de entre 2 e 6 minutos cada un deles (documentos sonoros de tipo descritivo, dialogado, explicativo, expositivo, argumentativo ou narrativo). Cada texto escoitarase dúas veces. A temática será similar á dos textos de comprensión lectora.

 

Tipos de resposta requiridos nas tarefas do exame:

 

  • Opción múltipla.

  • Verdadeiro / falso / xustificar.

  • Emparellamento.

  • Ordenar.

  • Encher ocos.

  • Transferir información.

  • Síntese.

 

Procedemento que se seguirá con cada un dos documentos:

 

  • Lectura das tarefas e ítems.

  •  Primeira audición.

  •  Tempo para a realización da tarefa proposta.

  •  Segunda audición.

  •  Tempo para completar a realización da tarefa proposta e revisión final.