Especif. B1 - Comprensión Lectora

Comprensión lectora (duración: entre 50 e 60 minutos):

 

Entre 2 e 4 tarefas basadas en documentos auténticos, cun mínimo de 800 palabras en total e un máximo de 1800. Os textos poderán ser descritivos, dialogados, explicativos, expositivos, narrativos ou argumentativos.

 

Tipos de resposta requiridos nas tarefas do exame:

 

  • Opción múltipla.

  • Verdadeiro / falso / xustificar.

  • Emparellamento.

  • Ordenar.

  • Encher ocos.

  • Transferir información.

  • Inserir nos lugares adecuados oracións, titulares ou parágrafos.

  • Respostas breves a preguntas abertas.

  • Síntese.

 

A temática comprenderá asuntos relacionados coa identificación persoal, actividade cotiá, lingua e comunicación, vivenda, contorna, saúde e coidados físicos, tempo libre e lecer, viaxes, actividades comerciais, educación, divulgación xeral etc.