NIVEIS MCER - C1

 C1 - Usuario Competente -

 COMPRENDER  

 

 COMPRENSIÓN 

AUDITIVA

 

 

  • Comprendo discursos extensos mesmo cando non están estruturados con claridade e cando as relacións están só implícitas e non se sinalan explicitamente. Comprendo sen moito esforzo os programas de televisión e os filmes.

 

 

COMPRENSIÓN

LECTORA

 

 

  • Comprendo textos longos e complexos de carácter literario ou baseados en feitos, apreciando distincións de estilo.

  

     FALAR

INTERACCIÓN

ORAL

 

  • Podo participar nunha conversación con certa fluencia e espontaneidade, o que posibilita a comunicación normal con falantes nativos. Podo tomar parte activa en debates desenvolvidos en situacións cotiás explicando e defendendo os meus puntos de vista.

 

 EXPRESIÓN

ORAL

 

 

  • Presento descricións claras e detalladas sobre temas complexos que inclúen outros temas, desenvolvendo ideas concretas e terminando cunha conclusión apropiada.

 

  ESCRIBIR ESCRIBIR

 

  • Son capaz de expresarme en textos claros e ben estruturados expondo puntos de vista con certa extensión. Podo escribir sobre temas complexos en cartas, redaccións ou informes resaltando o que considero que son aspectos importantes. Selecciono o estilo apropiado para os lectores aos cales van dirixidos os meus escritos.