NIVEIS MCER - B1

 B1 - Usuario Independente -

COMPRENDER 
 
 COMPRENSIÓN 
AUDITIVA
 

 

  • Comprendo as ideas principais cando o discurso é claro e normal e trata asuntos cotiáns que teñen lugar no traballo, na escola, durante o tempo de lecer etc. Comprendo a idea principal de moitos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese persoal ou profesional, cando a articulación é relativamente lenta e clara.

 

 
COMPRENSIÓN
LECTORA
 

 

  • Comprendo textos redactados nunha lingua de uso habitual e cotián ou relacionada co traballo. Comprendo a descrición de acontecementos, sentimentos e desexos en cartas persoais.

 

     FALAR
INTERACCIÓN
ORAL

 

  • Sei desenvolverme en case todas as situacións que se me presentan cando viaxo onde se fala esa lingua. Podo participar espontaneamente nunha conversación que trate temas cotiáns de interese persoal ou que sexan pertinentes para a vida diaria (por exemplo, familia, pasatempos, traballo, viaxes e acontecementos actuais).
 
 EXPRESIÓN
ORAL
 
  • Sei enlazar frases de forma sinxela co fin de describir experiencias e feitos, os meus soños, esperanzas e ambicións.

 

  ESCRIBIR ESCRIBIR

 

  • Son capaz de escribir textos sinxelos e ben enlazados sobre temas que me son coñecidos ou de interese persoal. Podo escribir cartas persoais que describen experiencias e impresións.