NIVEIS MCER - A2

 A2 - Usuario Básico -

COMPRENDER 

 

 COMPRENSIÓN 
AUDITIVA

 

 

  • Comprendo frases e o vocabulario máis habitual sobre temas de interese persoal (información persoal e familiar moi básica, compras, lugar de residencia, emprego).

 

 

COMPRENSIÓN
LECTORA

 

 

  • Son capaz de ler textos moi breves e sinxelos. Sei encontrar información específica e predicible en escritos sinxelos e cotiáns como anuncios publicitarios, prospectos, menús e horarios e comprendo cartas persoais breves e sinxelas.

 

     FALAR
INTERACCIÓN
ORAL

 

  • Podo comunicarme en tarefas sinxelas e habituais que requiren un intercambio simple e directo de información sobre actividades e asuntos cotiáns. Son capaz de realizar intercambios sociais moi breves, aínda que, polo xeral, non podo comprender o suficiente como para manter a conversación por min mesmo.

 

 

 EXPRESIÓN
ORAL

 

 

 

  • Utilizo unha serie de expresións e frases para describir con termos sinxelos a miña familia e outras persoas, as miñas condicións de vida, a miña formación académica e o meu traballo actual ou o último que tiven.

 

  ESCRIBIR ESCRIBIR

 

  • Son capaz de escribir notas e mensaxes breves e sinxelas relativas ás miñas necesidades inmediatas. Podo escribir cartas persoais moi sinxelas, por exemplo agradecendo algo a alguén.