NIVEIS MCER - A1

 A1 - Usuario Básico -

COMPRENDER 

 

 COMPRENSIÓN 

AUDITIVA

 

 

  • Recoñezo palabras e expresións moi básicas que se usan habltualmente, relativas a min mesmo, á miña familia e á miña contorna inmediata cando se fala devagar e con claridade. 

 

 

COMPRENSIÓN

LECTORA

 

 

  • Comprendo palabras e nomes coñecidos e frases moi sinxelas, por exemplo as que hai en letreiros, carteis e catálogos.

 

     FALAR

INTERACCIÓN

ORAL

 

  •  Podo participar nunha conversación de forma sinxela sempre que a outra persoa estea disposta a repetir o que dixo ou a dicilo con outras palabras e máis devagar e que me axude a formular o que tento dicir. Expoño e respondo a preguntas sinxelas sobre temas de necesidade inmediata ou asuntos moi habituais.

 

 

EXPRESIÓN

ORAL

 

  • Utilizo expresións e frases sinxelas para describir o lugar onde vivo e as persoas que coñezo.

 

  ESCRIBIR ESCRIBIR

 

  • Son capaz de escribir postais breves e sinxelas, por exemplo para enviar felicitacións. Sei encher formularios con datos persoais, por exemplo o meu nome, a miña nacionalidade e o meu enderezo no formulario do rexistro dun hotel.