Que é Acles?

ACLES é a sigla da "Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior". Ten a finalidade de promocionar a aprendizaxe de distintas linguas no Ensino Superior. Forma parte de CERCLES (Confederación Europea de Centros de Linguas do Ensino Superior), xunto con outras asociacións de 22 países europeos que representan uns trescentos centros.