Cancelación e Devolucións

 

Para a devolución do importe da matrícula séguense os criterios seguintes:

 

  • Só procederá devolución do importe íntegro da matrícula cando, por causas non imputables aos usuarios, non se realice a actividade a instancia do Centro de Linguas.

  • O Centro pode devolver o importe nos casos especiais que considere xustificados, sempre que se solicite por escrito ao Centro de Linguas no impreso de solicitude de devolución de devolución  habilitado para estes efectos, ata cinco días hábiles posteriores ó inicio do curso.

 

 Consideránse xustificados os seguintes casos:

 

  • Cando se produza a sinatura dun contrato laboral que implique incompatibilidade horaria co curso no que se matriculou. Debe achegar copia do contrato de traballo
  • Por causa de accidente ou doenza que imposibilite seguir con regularidade o desenvolvemento do curso. Debe achegar xustificante médico

  • Por causas imputables á UDC en actividades académicas, que imposibilite asistir ao curso.  Debe achegar xustificante da Institución

 

 Cando se considere xustificada a devolución, o Centro de Linguas reterá 12 € en concepto de gastos de xestión.

O prazo estimado para recibir a devolución é dun mes desde a entrega por parte do alumno do impreso de devolución.