Curso dirixido a:
- Membros da comunidade universitaria.
- Público xeral (+16 anos).
Cursos regulares
-
Son cursos cuadrimestrais de 45 ou 60 horas lectivas, dependendo do nivel.
-
Poderás comezar no curso que sexa máis apropiado segundo os teus coñecementos do idioma.
-
Impártense en dúas sesións semanais de dúas horas, dúas horas e media, ou nunha única sesión de catro horas
-
Se es estudante da UDC, estes cursos permítenche obter créditos para convalidalos na túa titulación.
-
En xuño e xullo podes realizar tamén cursos intensivos, aínda que a oferta de cursos pode variar.
Cursos de conversa
-
De 30 horas lectivas nos cursos cuadrimestrais.
-
De 15 horas no verán.
Niveis do MCER | A1 | A2 | B1 | B2 | C1 | C2 |
1º cuadrimestre | A1.1 | A2.1 | B1.1 | B2.1 | C1.1 | C2.1 |
2º cuadrimestre | A1.2 | A2.2 | B1.2 | B2.2 | C1.2 | C2.2 |
Cursos de verán |
Se comezo de cero
Se non tes ningún coñecemento da lingua, debes inscribirte en A1.1.
Se xa teño coñecementos da lingua
Se non sabes cal é o teu nivel, fai a proba en liña Dialang. Esta proba é orientativa e, de consideralo preciso, o profesor poderá cambiarte a outro curso máis adecuado.
Xa fixen cursos no Centro de Linguas
Se xa fixeches un curso connosco, deberás inscribirte no nivel seguinte ou repetir o nivel se non o tes superado.
Campus A Coruña | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Nivel | Horario | Días | Horas | Aula | Profesor/a | |
Campus Ferrol | ||||||
Nivel | Horario | Días | Horas | Aula | Profesor/a | |
Inglés B2.1 | 14:30 -16:30 h. | Martes, Xoves | 60 | -1.3 (Ed. de Apoio ao Estudo) | ||
Campus En liña | ||||||
Nivel | Horario | Días | Horas | Aula | Profesor/a |
Campus A Coruña | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Nivel | Horario | Días | Horas | Aula | Profesor/a | |
Inglés B2.1 | 10:00 -12:00 h. | Luns, Mércores | 60 | 2.14 (Fac. Filoloxía) | ||
Inglés B2.1 | 17:00 -19:00 h. | Luns, Mércores | 60 | 2.14 (Fac. Filoloxía) | ||
Inglés B2.2 | 12:00 - 14:00 h. | Luns, Mércores | 60 | 1.10 (Fac. Filoloxía) | ||
Inglés B2.2 | 18:00 - 20:00 h. | Luns, Mércores | 60 | 1.1 (Fac. Filoloxía) | ||
Inglés C1.1 (Grupo 2) | 16:00 -18:00 h. | Martes, Xoves | 60 | 2.5 (Fac. Filoloxía) | ||
Inglés C2.2 | 18:00 - 20:00 h. | Martes, Xoves | 60 | 2.5 (Fac. Filoloxía) | ||
Campus Ferrol | ||||||
Nivel | Horario | Días | Horas | Aula | Profesor/a | |
Inglés nivel A2 (Inglés III) | Mércores de 11:30 a 12:30 horas | 30 | -1.3 (Ed. de Apoio ao Estudo) | |||
Obradoiro de conversación de inglés nivel A2-B1 | 1º C.: Xoves de 11:30 a 13:30 horas / 2º C.: Xoves de 10:30 a 12:30 horas | Xoves | 30 | -1.3 (Ed. de Apoio ao Estudo) | ||
Campus En liña | ||||||
Nivel | Horario | Días | Horas | Aula | Profesor/a | |
Inglés B1.1 | 10:00 -12:00 h. | Martes, Xoves | 60 | Teams | ||
Inglés B1.2 | 17:00 -19:00 h. | Martes, Xoves | 60 | Teams | ||
Inglés B2.2 | 16:00 - 18:00 h. | Luns, Mércores | 60 | En liña (plataforma Teams) | ||
Inglés C1.1 (Grupo 1) | 10:00 -12:00 h. | Luns, Mércores | 60 | 2.8 (Fac. Filoloxía) | ||
Inglés C1.2 | 16:00 -18:00 h. | Luns, Mércores | 60 | Teams |
Asistencia
Para obteres o diploma de asistencia é necesario asistires a un mínimo do 85% das horas do curso.
Os cursos de conversación tamén teñen diploma e podes obtelo unicamente cumprindo a asistencia obrigatoria, xa que non teñen exame final.
Asistencia / aproveitamento
É preciso asistires ao 85% das horas lectivas e superares o exame do curso, no cal se valora o dominio das catro destrezas.
Aproveitamento
Non tendo unha asistencia do 85% das horas lectivas, debe superarse o exame final, no cal se valora o dominio das catro destrezas.
Os diplomas de cursos regulares do Centro de Linguas da UDC están recoñecidos no Sistema Universitario Galego, na Escola Oficial de Idiomas e na Xunta de Galicia.
Recoñecemento de créditos por aprendizaxe lingüística. Cursos regulares do Centro de Linguas
Os estudantes que realizaren cursos regulares no Centro de Linguas da UDC poderán obter o recoñecemento de créditos por actividades de aprendizaxe lingüistica de acordo cos seguintes criterios e procedementos:
1. Polos cursos regulares recoñecerase 1 créditos por cada 10 horas.
2. Polos cursos regulares dunha lingua estudada no bacharelato recoñeceransse créditos por cursos só a partir do nivel B1 ou superior.
3. Os estudantes de calquera titulación de grao que teñan un idioma como materia obrigatoria no seu plano de estudos só poderán obter recoñecemento de créditos por cursos do nivel B2 ou superior.
4. Os estudantes de calquera titulación de grao que teñan un idioma como materia optativa no seu plan de estudos só poderán obter recoñecemento de créditos por cursos do nivel B1 ou superior.
5 Os estudantes dos graos de Estudos Lingüisticos e Literarios non poderán ter recoñecemento de créditos por cursos daquela lingua que constitúa a súa especialidade.
6. Para poder obter o recoñecemento de créditos será necesaria unha asistencia mínima ás aulas do 85%, alén de superar as probas correspondentes.
7 Non se recoñecerán créditos polos cursos de conversa, así como tampouco polos cursos que non comporten un progreso constatable mediante a superación das probas pertinentes.
8. Os cursos de idiomas realizados polos alumnos en programas de mobilidade internacional na universidade de destino terán un recoñecemento e 1 crédito por cada 10 horas de curso, sempre que a súa realización sexa certificada pola universidade de destino. Para obter o recoñecemento os cursos de idiomas deben constar no contrato de estudos como carentes de recoñecemento académico dentro do seu plan de estudo.
Os estudantes interesados solicitarán a acreditación correspondente á Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación, indicando a actividade e o período de participación. A Vicerreitora acreditará mediante unha certificación a realización efectiva da actividade.
Para máis información, vexa o Procedemento de recoñecemento de créditos por actividades nos graos da UDC.
O Centro de Linguas emitirá a acreditación correspondente para cada participante que reúna as condicións de asistencia (nun 85%) e de superación do curso. A acreditación poderá recollerse a partir do momento en que reciba unha mensaxe de correo electrónico comunicando que xa está realizada (normalmente, poucos días despois de finalizados os cursos).
O Centro de Linguas tamén estende unha acreditación diferente ás persoas que superen os cursos sen reuniren o requisito de asistencia establecido nos Regulamentos. Esta acreditación é válida para inscribirse no nivel superior ao cursado, mais non ten validez para o recoñecemento de créditos.