Lingua de signos española

Cursos de lingua e cultura da comunidade xorda.

Ademais de ofrecer coñecementos da LSE, incidirase no contexto social e cultural das persoas xordas

Durante o curso traballaranse as tres destrezas principais da lingua: a expresión, a interacción e a comprensión signadas.

O curso é moi práctico polo que cómpre a participación activa do alumno.

 

Niveis do MCER A1          
1º cuadrimestre A1.1          
2º cuadrimestre A1.2          
Cursos de verán            

Se comezo de cero

Se non tes ningún coñecemento da lingua debes inscribirte en A1.1.

 

Xa fixen cursos no Centro de Linguas

Se xa fixeches un curso connosco, deberás inscribirte no nivel seguinte ou repetir o nivel se non o tes superado.

Membros da UDC          Público xeral
         
         
Cursos regulares (30 horas) 125 €   Cursos regulares (30 horas) 166 €
Cursos regulares (45 horas) 187 €   Cursos regulares (45 horas) 250 €
Cursos regulares (60 horas) 250 €   Cursos regulares (60 horas) 332 €
Campus A Coruña
Nivel Horario Días Horas Aula Profesor/a
Lingua de signos española nivel A1.2 de 16:00 - 18:30 h. Martes, Xoves 60 0/2 (Fac. CC da Educación)
Lingua de signos española nivel A2.2 de 18:30 - 21:00 h. Luns, Mércores 60 0/2 (Fac. CC da Educación)

 

 

 

 

 

Cancelaciones y devoluciones

Asistencia

Para obteres o diploma de asistencia é necesario asistires a un mínimo do 85% das horas do curso.

Os cursos de conversación (30 horas) tamén teñen diploma e podes obtelo unicamente cumprindo a asistencia obrigatoria, xa que non teñen exame final.

Asistencia / aproveitamento

É preciso asistires ao 85% das horas lectivas e superares o exame do curso, no cal se valora o dominio das catro destrezas.

Aproveitamento

Non tendo unha asistencia do 85% das horas lectivas, debe superarse o exame final, no cal se valora o dominio das catro destrezas.

Os diplomas de cursos regulares do Centro de Linguas da UDC están recoñecidos no Sistema Universitario Galego, na Escola Oficial de Idiomas e na Xunta de Galicia.

 

 

 

 

Recoñecemento de créditos por aprendizaxe lingüística. Cursos regulares do Centro de Linguas

 

Os estudantes que realizaren cursos regulares no Centro de Linguas da UDC poderán obter o recoñecemento de créditos por actividades de aprendizaxe lingüistica de acordo cos seguintes criterios e procedementos:

1. Polos cursos regulares recoñecerase 1 créditos por cada 10 horas.

2. Polos cursos regulares dunha lingua estudada no bacharelato recoñeceransse créditos por cursos só a partir do nivel B1 ou superior.

3. Os estudantes de calquera titulación de grao que teñan un idioma como materia obrigatoria no seu plano de estudos só poderán obter recoñecemento de créditos por cursos do nivel B2 ou superior.

4. Os estudantes de calquera titulación de grao que teñan un idioma como materia optativa no seu plan de estudos só poderán obter recoñecemento de créditos por cursos do nivel B1 ou superior.

5 Os estudantes dos graos de Estudos Lingüisticos e Literarios non poderán ter recoñecemento de créditos por cursos daquela lingua que constitúa a súa especialidade.

6. Para poder obter o recoñecemento de créditos será necesaria unha asistencia mínima ás aulas do 85%, alén de superar as probas correspondentes.

7 Non se recoñecerán créditos polos cursos de conversa, así como tampouco polos cursos que non comporten un progreso constatable mediante a superación das probas pertinentes.

8. Os cursos de idiomas realizados polos alumnos en programas de mobilidade internacional na universidade de destino terán un recoñecemento e 1 crédito por cada 10 horas de curso, sempre que a súa realización sexa certificada pola universidade de destino. Para obter o recoñecemento os cursos de idiomas deben constar no contrato de estudos como carentes de recoñecemento académico dentro do seu plan de estudo.

 

Os estudantes interesados solicitarán a acreditación correspondente á Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación, indicando a actividade e o período de participación. A Vicerreitora acreditará mediante unha certificación a realización efectiva da actividade.

Para máis información, vexa o Procedemento de recoñecemento de créditos por actividades nos graos da UDC.

 


O Centro de Linguas emitirá a acreditación correspondente para cada participante que reúna as condicións de asistencia (nun 85%) e de superación do curso. A acreditación poderá recollerse a partir do momento en que reciba unha mensaxe de correo electrónico comunicando que xa está realizada (normalmente, poucos días despois de finalizados os cursos).

O Centro de Linguas tamén estende unha acreditación diferente ás persoas que superen os cursos sen reuniren o requisito de asistencia establecido nos Regulamentos. Esta acreditación é válida para inscribirse no nivel superior ao cursado, mais non ten validez para o recoñecemento de créditos.